
¿Queres celebralo con nós? Botadelle un vistazo á programación que temos preparada.
IDADES: de 3 a 12 anos
OBRADOIROS TERRORÍFICOS (18:30 a 19:30 h):
- Martes 27 de Outubro:
Obradoiro de morcegos fantasmagóricos.
Faremos entre todos morcegos que levaremos a casa para dar moitos sustos e provocar arrepíos.
- Mércores 28 de Outubro:
Contacontos interactivo Samaín:
Contaremos unha historia de medo na que participarán os nenos de maneira activa.
-Xoves 29 de Outubro:
Obradoiro cabazos:
Traballaremos para facer un cabazo moi terrorífico.
- Venres 30 de Outubro (Día non lectivo):
Mañá (8:30 a 14:00 horas): Actividades Samaín
Tarde (18:00 a 14:00 horas):
Festa FELÍZ SAMAÍN:
Rematamos a semana cunha festa final chamada "Felíz Samaín". Teremos merenda, música, maquillaxe, baile e máis sorpresas terroríficas...
¡Podedes vir disfrazados!
¡¡As prazas son limitadas, reserva xa a túa!!